Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE / Escola Galega de Saúde para Cidadáns | | A traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, durante o vídeo

A alimentación antes e despois do dano cerebral: prevención e adaptacións

Nova colaboración en vídeo coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns polo Día da Nutrición.

28/05/2021 | Galicia

O 28 de maio conmemórase o Día da Nutrición. FEGADACE e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns (dependente da ACIS, que á súa vez forma parte do Sergas) publican, con motivo da efeméride, un vídeo no que se resumen as principais dúbidas que relacional alimentación e dano cerebral adquirido.
 
Os contidos foron elaborados polas asociacións membro de FEGADACE e as súas explicacións son transmitidas pola traballadora social da Federación, Carla Miranda. O vídeo comeza diferenciando as nocións de alimentación e de nutrición para a continuación expoñer como a dieta pode intervir na prevención do dano cerebral. Introduce a figura profesional da/o nutricionista na atención ás persoas con dano cerebral, que en moitas ocasións, en función das súas secuelas, teñen que adaptar a súa alimentación por dificultades na deglutición ou outras.
 
O movemento asociativo do dano cerebral reivindica a presenza desta figura profesional, así como as da otorrinolaringoloxía, foniatría e logopedia, na avaliación da persoa con dano cerebral e na rehabilitación e acompañamento durante a fase crónica.
 
Colaboración coa Escola Galega de Saúde
 
Este é o segundo vídeo dunha serie de colaboracións que FEGADACE está a realizar coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns a través do programa 'O experto responde'. Con eles preténdese sensibilizar á poboación sobre a prevención do dano cerebral adquirido, así como dar pautas para a atención ás persoas e familias con esta discapacidade. O audiovisual anterior publicouse con motivo do Día Europeo dos Dereitos das e dos Pacientes:
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Formación
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)