Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 19/04/2021 | Participantes na Asemblea Xeral Ordinaria de FEGADACE (16/04/2021)

A Asemblea Xeral de FEGADACE parabenízase polo esforzo realizado en 2020

O órgano de goberno aprobou as contas e memoria do ano pasado, e a planificación e orzamento de 2021.

19/04/2021 | Galicia

A Asemblea Xeral de FEGADACE aprobou por unanimidade a Memoria de Actividades e as contas anuais auditadas de 2020, congratulándose por ter sido quen de dar continuidade aos proxectos en marcha ao tempo que de dar resposta ás novas necesidades derivadas da pandemia da COVID-19. O máximo órgano da Federación agradeceu o esforzo de todo o equipo para aumentar o nivel de traballo a pesar das circunstancias, e tamén valorou a aposta para 2021, un exercicio aínda máis cargado de actividades e proxectos.

Precisamente, a Asemblea aprobou, xunto coa documentación que pecha 2020, a planificación orzamentaria e operativa de 2021, que dan continuidade ao Plan Estratéxico posto en marcha o exercicio pasado por un período de catro anos. En 2021 mantéñense as accións habituais de atención, asesoramento e inclusión destinadas ás persoas e familias con dano cerebral, dáse continuidade ás actividades de información, sensibilización e divulgación para diferentes colectivos, e incorpóranse novas medidas de adaptación á crise sanitaria e social causada polo coronavirus, e que van desde a adquisición de produtos hixiénicos ata a formación para a redución da fenda dixital.

A reunión anual ordinaria das entidades socias de FEGADACE (ademais da Xunta Directiva da Federación, asisten as Xuntas Directivas de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela) tivo lugar na tarde do venres 16 de abril. Debido ás restricións de aforos e de mobilidade, así como á prudencia para evitar posibles contaxios, a Asemblea organizouse telematicamente.

Arquivada en:
Transparencia > Órganos de goberno
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)