Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 12/03/2021 | Cartel da exposición 'Punto e seguido' en Sober

A colección de fotografías 'Punto e seguido' retoma a súa andaina en Sober

A mostra amosa como é un día na vida dunha persoa con dano cerebral adquirido.

16/03/2021 - 29/03/2021 | Sober

A colección de fotografías 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' retoma a súa andaina despois do parón causado polas medidas sanitarias de control da pandemia da COVID-19. A súa vindeira parada vai ser Sober; poderá verse na Casa da Cultura do concello desde o 16 de marzo ata o 29 do mesmo mes.
 
A mostra acompañará a charla que a traballadora social de FEGADACE vai impartir, na mesma Casa da Cultura, o día 23 de marzo.
Lugar de celebración:

Salón de Actos da Casa da Cultura
Sober
L-V: 9:00-14:00 | 16:00-20:00
16 a 29 de marzo de 2021

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)