Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© CERMI Galicia | 03/12/2020 | Día da Discapacidade 2020

A discapacidade esixe estar presente na reconstrución social e económica

O CERMI Galicia organiza un acto de conmemoración online hoxe a partir das 17:00.

03/12/2020 | Online

O CERMI Galicia organiza un acto de conmemoración do Día Internacional da Discapacidade esta tarde a partir das 17:00. A cita é online, e nela está prevista a estrea dun vídeo de recoñecemento aos traballadores e traballadoras das entidades de discapacidade que aglutina o CERMI. Representando ás entidades de dano cerebral adquirido poderase oír a unha traballadora de ADACECO.

Darase lectura ao manifesto do CERMI Estatal, que leva por título As persoas con discapacidade e as súas familias esixen estar presentes na reconstrución social e económica postpandemia.

No acto tamén se poderán oír as intervencións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do presidente do CERMI Galicia, Luciano Fernández Pintor, recén chegado ao cargo.

Esta é a información de conexión a través de Zoom para a reunión "DÍA DE LA DISCAPACIDAD - CERMI - XUNTA GALICIA":
-Para entrar desde o ordenador ou desde a app móbil: https://once.zoom.us/j/98555159149
-Para entrar por teléfono, chamar a calquera dos números abaixo listados, introducir o código 985 5515 9149# e despois saltar a introdución de usuario premendo outra vez #:
        +34 917 873 431 (España)
        +34 84 368 5025 (España)
        +34 91 787 0058 (España)

Podes buscar o teléfono doutro país seguindo esta ligazón: https://once.zoom.us/u/aX5NMUe9

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Documentos políticos