Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© EAPN Galicia | | Fragmento do cartel do Cumio

A EAPN Galicia celebra o I Cumio Galego contra o Odio en liña o 30 de xuño

O obxectivo é tecer rede entre iniciativas na defensa dos dereitos e a dignidade das persoas.

17/06/2021 | Online

No 2015, as entidades membro de EAPN Galicia aprobaron por unanimidade o Código de conduta e boas prácticas na comunicación da pobreza e a exclusión social, comprometéndose a "fomentar un discurso responsable e xusto, afastado de estereotipos e mecanismos que produzan ou manteñan as situacións de discriminación".

Sen sabelo, este decálogo foi o primeiro esforzo para xerar un discurso de narrativas alternativas e en positivo, lonxe do asistencialismo e a culpabilización e estigmatización das persoas en pobreza ou exclusión social.

Dous anos despois, as propias persoas afectadas, participantes no Seminario 'Participando contra prexuízos e #MentirasPobreza' denunciaron nun Muro das Mentiras a pandemia de odio que xa estaban a sufrir.

O primeiro sitio donde se mostraron o Muro das Mentiras e o Muro da Inclusión foi no Parlamento de Galicia. No 2017, e reiterado no 2020 aprobouse por unanimidade a Declaración Institucional contra o odio e a intolerancia ás persoas en pobreza ou exclusión.

Unha sociedade civil movilizada contra o odio

Fronte e en paralelo a un aparentemente abrumador e artificial crecemento do discurso do odio en redes sociais e parlamentos, nos últimos anos veñen xurdindo multitude de iniciativas postas en marcha por persoas e organizacións para xerar narrativas alternativas e poñer en valor a tolerancia e a xustiza social.

É un feito o avance na loita contra a aporofobia e o discurso do odio dende as múltiples iniciativas de comunicación das organizacións do Terceiro Sector membro de EAPN, coordinando dende Galicia campañas estatais como #ContrAporofobia ou #RendaMínimaSi: Pon os teus prexuízos en corentena, ou en xornadas de formación sobre 'Como loitar contra a aporofobia, o odio e a desinformación dende Administracións Públicas e ONG'.

A recentemente aprobada Lei de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, inclúe unha disposición adicional pola que a aporofobia será perseguida como delito de odio. Unha demanda atendida e que permite que o termo de aporofobia non só se atope nas academias da lingua senón tamén no Código penal.

Froito deste traballo, somos conscientes da multitude de iniciativas e proxectos postos en marcha en Galicia, e queremos contribuír a darlles visibilidade e poñelos en común.

I Cumio Galego contra o Odio. Inscríbete xa!

Esta xornada pretende servir como primeiro encontro entre a multitude de iniciativas galegas para loitar contra o discurso do odio, xerar narrativas alternativas e poñer en valor a tolerancia, traballar conxuntamente en torno á adaptación da Guía de Estilo para comunicadoras sobre Aporofobia e Discurso do Odio: Comunicar sen discriminar
 
INSCRÍBETE NA XORNADA!
 
Estamos a buscar iniciativas!

Se ti ou a túa organización contades con algunha iniciativa destas características queremos coñecela! Podes cubrir a seguinte ficha e facérnola chegar a info@eapn-galicia.com. Estaremos encantadas de saber de vos e de poñernos en contacto! Por suposto, podes compartir e difundir esta nova para que chegue a cantas máis persoas mellor.
 
FICHA DE INICIATIVAS

PROGRAMA PROVISIONAL

09.30 – 09.45 Presentación

09.45 – 10.30 Camiños contra o odio

  • O camiño legal: a aporofobia como delito de odio, con Eva Serrano. Fiscalía Xeral do Estado
  • O camiño das novas narrativas, con Natalia Monje. Ecos do Sur – CibeRespect
  • O camiño do activismo e accións en redes sociais (por confirmar)

10.30 – 10.45 Guía sobre aporofobia e discurso do odio

11.00 – 12.00 Iniciativas contra o odio en Galicia

  • Proxecto Dixitáis: Laboratorio cidadán para a competencia dixital e mediática’ (UVigo)
  • Muda o Conto: Contra o discurso de odio (Agareso)
  • Participación de familias migrantes na escola (Accem)
  • Proxecto CibeRespect (Ecos do Sur)
  • Máis proximamente

12.00 – 12.30 Coloquio

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN Galicia)