Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | | Portada da guía sobre o DCA na que se basean os obradoiros

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza sete obradoiros sobre o DCA

Impartidos por profesionais das asociacións de FEGADACE e baseados na nosa guía para familiares.

09/09/2019 | Galicia

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza no mes de outubro unha serie de sete obradoiros sobre o dano cerebral adquirido que van estar impartidos por profesionais das nosas asociacións e baseados na guía 'Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando o teu familiar está no hospital', que presentamos en maio no Hospital Clínico de Santiago.

O obxectivo desta actividade formativa é mellorar as habilidades e coñecementos das persoas coidadoras, na liña de mellorar tanto a súa situación como familiares de persoas con dano cerebral como de mellorar a atención que finalmente reciben as persoas directamente afectadas. A guía na que se basean, que se repartirá en cada sesión, está ideada para apoiar nos primeiros momentos, mentres a persoa aínda está hospitalizada, proporcionando orientación e referencias para ampliar información, procurar recursos e preparar a volta ao fogar.

Os obradoiros previstos son sete, e terán lugar en cada unha das áreas sanitarias durante o mes de outubro.

Ferrol | 08/10/2019


Ourense | 08/10/2019

  • 16:30 a 19:30    
  • Novo Edificio de Hospitalización (Aula 1, baixo). Complexo Hospitalari Uniersitario de Ourense
  • Docente: Jose A. Delgado, educador social de Renacer
  • Programa completo
  • Formulario de inscrición


A Coruña | 15/10/2019


Santiago de Compostela | 22/10/2019


Lugo | 24/10/2019


Pontevedra | 28/10/2019

  • 16:30 a 19:30    
  • Hospital Provincial (Aula de docencia do 4º andar). Rúa Loureiro Crespo (entrada por Consultas Externas). Pontevedra
  • Docentes: Laura Ramírez, psicóloga, e Amparo Rodicio, neuropsicóloga de Alento
  • Programa completo
  • Formulario de inscrición


Vigo | 29/10/2019


A Escola Galega de Saúde para Cidadáns é un organismo do Sergas orientado á formación de pacientes, familias e cidadanía en xeral en materia de saúde, para mellorar a toma de decisións nos seus procesos de saúde-enfermidade.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)