Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 12/04/2021 | Cartel da exposición 'Punto e seguido' en Sarria

A exposición 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral' chega a Sarria

Inaugúrase o día 14 e poderá visitarse ata o 23 de abril na Oficina de Turismo (antiga prisión preventiva).

12/04/2021 - 23/04/2021 | Sarria

A colección de fotografías 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' continúa o seu percorrido por vilas e cidades da xeografía galega e poderá verse en Sarria ata o 23 de abril.

Aínda que xa está accesible, o mércores 14 está previsto un acto de inauguración no que van participar o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, o concelleiro de Benestar Social, Benjamín Escontrela, e a secretaria de FEGADACE, Laura Abeledo. O acto vai ter lugar ás 13:00 no mesmo lugar da mostra: a actual Oficina de Turismo, antiga Prisión Preventiva (Avenida da Mercede, 8).

A mostra vai permanecer aberta ata o 23 de abril, de luns a venres, en horario de 10:30 a 13:30. O concello de Sarria dispoñibiliza un teléfono para concertar cita no caso de querer visitar a exposición noutro horario. É o 982 530 668.
Lugar de celebración:

Oficina de Turismo, antiga Prisión Preventiva (Avenida da Mercede, 8).
 
L-V: 10:30 - 13:30
No caso de querer visitar a exposición noutro horario, contactar co 982 530 668
 

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)