© FEGADACE | 16/04/2020 | Captura da mostra online
A exposición 'Punto e seguido' continúa activa na rede: visítaa sen moverte!
#QuedaNaCasa e goza da colección de fotografías que amosan o día a día das persoas con dano cerebral.
A situación de emerxencia sanitaria obrigou á Federación Galega de Dano Cerebral a suspender a exposición 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido', pendurada no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, e a pospoñer, aínda sen data fixa, as seguintes citas da mostra.
Sen embargo, isto non impide que o público poida contemplar a colección de fotografías, que están dispoñibles na galería online que se atopa nesta ligazón.
A colección de imaxes está encabezada polo vídeo Punto e seguido e polo mesmo panel informativo que as acompaña na mostra presencial.
FEGADACE súmase ás iniciativas culturais e de lecer que piden ao público "#QuedaNaCasa" e anima a gozar do tempo de confinamento coñecendo un pouco mellor como é o día a día das persoas con dano cerebral adquirido.