Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© FEGADACE | 22/01/2021 | Reunión da Comisión da Muller do CERMI Galicia

A Federación participa na Comisión da Muller do CERMI Galicia

As vindeiras actividades estarán centradas en visibilizar ás coidadoras con e sen discapacidade.

22/01/2021 | Galicia

A Comisión da Muller do CERMI Galicia reuniuse na mañá de onte para estudar e organizar as súas vindeiras actividades. FEGADACE está integrada no grupo cunto con FAXPG, COGAMI, Autismo Galicia, Down Galicia, ONCE e FEAFES.

Está previsto organizar unha serie de actividades informativas e de sensibilización que se centren na visibilización das mulleres coidadoras de persoas con discapacidade. Tamén se analizará o papel que xogan as mulleres con discapacidade como coidadoras doutras persoas en situación de dependencia.

Por causa da situación sociosanitaria, buscaranse alternativas dixitais para a organización de actividades. O mesmo ocorreu coa reunión da Comisión, que se celebrou online. FEGADACE estivo representada pola súa directora e pola súa traballadora social.

Arquivada en:
Transparencia > Alianzas e plataformas > CERMI Galicia
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)