Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 10/05/2021 | Charla sobre o dano cerebral en Salceda

A información sobre o dano cerebral chega o 1 de xuño a Salceda de Caselas

Charla da traballadora social de FEGADACE sobre causas, prevención e modelo de atención.

01/06/2021 - 01/06/2021 | Salceda de Caselas

O ciclo de charlas sobre o dano cerebral adquirido que FEGADACE desenvolve no marco do programa 'Promove, Entende, Actúa' chega a Salceda de Caselas o 1 de xuño. A traballadora social da Federación vai falar sobre prevención, causas, consecuencias e secuelas, e modelo de atención e rehabilitación nunha actividade informativa aberta a toda a poboación do concello.
Lugar de celebración:

Auditorio Municipal (Praza do Concello, 12)
Salceda de Caselas
18:00 hh.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)