Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 31/03/2021 | Punto e seguido en Vilalba

A mostra 'Punto e seguido' poderá verse na Casa da Cultura de Vilalba

As imaxes queren sensibilizar sobre o dano cerebral amosando un día nas asociacións de FEGADACE.

29/03/2021 - 08/04/2021 | Vilalba

A colección de fotografías 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' retoma a súa andaina despois do parón causado polas medidas sanitarias de control da pandemia da COVID-19. Trala parada en Sober; poderá verse na Casa da Cultura do concello de Vilalba desde o 29 de marzo ata o 8 de abril.
 
A mostra acompañará a charla que a traballadora social de FEGADACE vai impartir, na mesma Casa da Cultura, o día 30 de marzo.
Lugar de celebración:

Casa da Cultura
Vilalba
L-V: 10:30-13:30 | 17:30-20:00
S: 11:00-13:00
29 de marzo a 8 de abril de 2021

Arquivada en:
Proxectos > Proxectos > Sensibilización
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)