Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Francisco Castro | 22/02/2019 | Francisco Castro fai o aceno do dano cerebral

A novela 'Iridium' vaise publicar en maio en vasco, catalán e castelán

O autor, Francisco Castro, dona unha parte dos seus beneficios a FEGADACE e Alento.

22/02/2019

O escritor Francisco Castro, autor de Iridium, anunciou que a novela vaise publicar tamén en vasco, catalán e castelán. Orixinalmente escrita en galego e publicada pola editorial Galaxia, que dirixe o autor, Iridium verá a luz nas tres novas linguas no mes de maio.

Iridium é unha novela xuvenil que está protagonizada por unha rapaza que ten dano cerebral adquirido. Para escribila, Francisco Castro coñeceu de preto o día a día desta discapacidade a través do seu contacto con Alento. No libro trátanse temas como a inclusión, o respecto á diferenza e os sentimentos e percepción do mundo que ten unha persoa con DCA.

Francisco Castro fixo, ademais, que este sexa un libro solidario, ao ceder o 2% dos seus beneficios a Alento e a FEGADACE.

Arquivada en: