Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Pixabay | | Dúas mascarillas cruzadas

A Xunta anuncia que os centros para persoas con discapacidade non abren ata setembro

O Consello de Goberno tomou esta decisión, que afecta a centros de día e ocupacionais, o 29 de maio.

01/06/2020 | Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou o venres, 29 de maio, na rolda de prensa posterior ao Consello de Goberno, que os centros de atención a persoas con discapacidade, sexan centros de día ou de carácter ocupacional, non abrirán ata setembro. Feijóo atribuíu esta decisión á "imposibilidade de garantir a distancia física necesaria" nos centros.
 
FEGADACE e as súas asociacións levan semanas traballando nun Plan de Continxencia para un retorno seguro á actividade presencial, dada a importancia crucial de retomar canto antes os programas de atención e rehabilitación para evitar o deterioro das capacidades das persoas con dano cerebral e a sobrecarga das familias, o que é incompatible coa decisión adoptada pola Xunta.
 
Tanto a Federación como as súas cinco asociacións agardamos ter unha información máis precisa e directa do goberno autonómico para anunciar á maior brevidade medidas máis concretas sobre o retorno á actividade.
 
Consulta aquí o Plan de Continxencia de FEGADACE e as súas asociacións.
Información sobre os avances da Federación na dotación de equipos de seguridade e hixiene.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19