Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Xunta de Galicia | 28/10/2021 | Fin da emerxencia sanitaria (21/10/2021)

A Xunta de Galicia declarou a fin da emerxencia sanitaria por causa da COVID-19

As residencias recuperan a normalidade aínda que se manteñen os cribados periódicos.

28/10/2021 | Galicia

A Xunta de Galicia declarou, o 21 de outubro, a fin da situación de emerxencia sanitaria -iniciada o día 13 de marzo de 2020- por causa da COVID-19.
 
Aínda así, continúa a ser necesario o uso da máscara. Nos espazos pechados, garantindo tamén a distancia de seguridade. No exterior débese empregar ou garantir esa distancia.

Tamén se manteñen as recomendacións xerais de ventilación, lavado de mans con frecuencia, e emprego do certificado COVID nos ámbitos que se considere axeitado.

No que respecta ao colectivo do dano cerebral, as residencias recuperan a normalidade, polo que as visitas volven ser coma antes, pedindo cita previa. Mantéñense tamén os cribados periódicos de todos e todas as profesionais.

Arquivada en:
Recursos de Atención > Información para a atención > COVID-19