© Xunta de Galicia | 15/06/2020 | Modelo de solicitude Bono Coidado Extraordinario
Aberto o prazo de solicitude do Bono Coidado Extraordinario á dependencia
A documentación pódese presentar ata o 13 de xullo, preferentemente por vía electrónica.
A Xunta de Galicia anunciaba o 29 de maio que non ía permitir a reapertura dos centros de atención a persoas con discapacidade e unha compensación para as familias consistente nunha axuda económica para a contratación de persoal a domicilio.
Esta axuda, denominada 'Bono Coidado Extraordinario á dependencia', foi convocada o 13 de xuño e permanecerá aberta ata o mesmo día do mes de xullo.
A presentación deberá facerse preferentemente online a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Na mesma sede atópase o modelo de solicitude e a relación de documentación complementaria (contrato de prestación de servizos co centro, contrato da persoa coidadora, etc.).