Stop Fenda Dixital
FEGADACE e as súas asociacións poñen en marcha un plan para dotar de recursos e medios tecnolóxicos, así como de formación sobre o seu uso, ás persoas e familias con dano cerebral adquirido. As actividades principais son dúas:
- Creación de Bancos de Préstamos de Recursos Dixitais en cada asociación, e doazóns de dispositivos ás familias en situación de emerxencia social
- Ciclo Formativo sobre Desenvolvemento de Competencias Dixitais para persoas con dano cerebral e as súas familias
Financiamento: Consellería de Política Social a través da asignación tributaria do 0,7% do IRPF
Execución: 2021
Comunícate comigo
Cumprir co dereito á información e mellorar a calidade comunicativa das persoas con dano cerebral con secuelas nesa área (afasia, ataxia, apraxia...) son os dous obxectivos deste proxecto, que inclúe:
- A adaptación da web de FEGADACE a Lectura Fácil, en colaboración coa Asociación Lectura Fácil.
- A incorporación de novos SAAC (sistemas alternativos e aumentativos de comunicación) aos programas de logopedia das cinco asociacións federadas.

Financiamento: Obra Social La Caixa
Execución: 2020-2021
Comunícate conTICs, sen complexos
Proxecto destinado á introdución das novas tecnoloxías na abordaxe da intervención logopédica no dano cerebral. Ensaiouse o emprego das tablets no reforzo das capacidades comunicativas en persoas con afasia, unha secuela moi común no dano cerebral. Como resultado do proxecto, os equipos de logopedas das asociacións de FEGADACE elaboraron a seguinte guía:
Financiamento: Obra Social La Caixa
Execución: 2013-2014
Accesibilidade TIC
Proxecto de valoración da accesibilidade e utilidades das TIC para as persoas con dano cerebral. Seis persoas usuarias das asociacións de FEGADACE valoraron a accesibilidade de hardware (tablets) e software (diferentes programas creados especificamente para persoas con discapacidade).