Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Axenda

© FEGADACE | 13/10/2021 | Charla en Camelle (Camariñas)

Actividade informativa sobre o dano cerebral na escola unitaria de Camelle

Para asistir, na mañá do 20 de outubro, é necesario inscribirse no 981 737 004 ou no 653 259 282.

20/10/2021 - 20/10/2021 | Camelle (Camariñas)

A traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, vai impartir unha charla destinada a dar a coñecer que é o dano cerebral, cales son as súas principais causas, que mecanismos existen para a prevención e de que maneira organizamos o modelo de atención e rehabilitación. Diríxese tanto a persoas e familiares de persoas con dano cerebral como á poboación xeral; a calquera que queira saber mellor en que consiste e como se pode axudar a evitar o dano cerebral.
 
A charla vai ter lugar no primeiro andar da escola unitaria de Camelle, en Camariñas, o día 20 a partir das 11:00. Para asistir é necesario inscribirse chamando ao 981 737 004 ou ao 653 259 282.
 
Lugar de celebración:

Escola Unitaria de Camelle (1º andar)
11:00 hh.

Arquivada en:
Que facemos > Servizos > Información sobre o dano cerebral
Recursos de Atención > Mapa de recursos > Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)