Encontro de Xuntas Directivas
Xuntanzas destinadas a mellorar as capacidades directivas e o liderado das xuntas directivas das asociacións e de FEGADACE, ao tempo que se contribúe a construír a cultura da Federación. Participan os membros das xuntas directivas de FEGADACE e das súas asociacións. Puntualmente acoden tamén os directores e directoras.
Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
Execución: anual
Encontro de Profesionais
FEGADACE organiza unha reunión anual para os colectivos profesionais que participan na intervención coas persoas con DCA nas asociacións. O seu obxectivo é a posta en común de boas prácticas na liña da mellora continua da atención ao dano cerebral e xerar un espazo para a formación e o intercambio de coñecemento.
Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
Execución: anual
Xuntanza de Persoas e Familias con DCA
Encontro de carácter lúdico e festivo dirixido á totalidade do movemento asociativo. Ten as súas raíces no Foro de Familias, un encontro anual que se organizou entre 2012 e 2016, e que tiña un perfil divulgativo e formativo e que estaba dirixido unicamente a familiares.
Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
Execución: bianual
Respiro familiar
O respiro ten un dobre obxectivo: por unha banda é unha actividade de lecer, diversión e socialización para a persoa con dano cerebral e, pola outra, serve de descanso para o coidador ou coidadora principal. As asociacións de FEGADACE organizan un respiro ao ano.
Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
Execución: anual
Respiro para persoas coidadoras
Actividade de lecer que ten como beneficiarias ás persoas coidadoras, proporcionándolles unha xornada de descanso, autocoidado e desconexión da persoa dependente.
Financiamento: Convenio coa Consellería de Política Social
Execución: bianual
Encontro de Voluntariado
Espazo de encontro, intercambio de experiencias e formación para as persoas voluntarias das asociacións.