Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actividades para as persoas con DCA

Rede de apoio mutuo a persoas maiores e con DCA

Proxecto para o establecemento dunha rede de voluntariado na que persoas con dano cerebral e persoas maiores colaboren mutuamente. Por unha banda, e co obxectivo de promover a súa autonomía persoal, as persoas con DCA realizan voluntariado coas persoas maiores, tratando de prestarlles apoio contra o aillamento e axuda en tarefas básicas. Por outra banda, as asociacións de DCA reciben persoas maiores voluntarias.

Financiamento: Obra Social La Caixa
Execución: 2017-2018

Comunícate conTICs, sen complexos

Proxecto destinado á introdución das novas tecnoloxías na abordaxe da intervención logopédica no DCA. Ensaiouse o emprego das tablets no reforzo das capacidades comunicativas en persoas con afasia, unha secuela moi común no dano cerebral.

Financiamento: Obra Social La Caixa
Execución: 2013-2104

Accesibilidade TIC

Proxecto de valoración da accesibilidade e utilidades das TIC para as persoas con DCA. Seis persoas usuarias das asociacións de FEGADACE valoraron a accesibilidade de hardware (tablets) e software (diferentes programas creados especificamente para persoas con discapacidade).

Financiamento: Fundación Vodafone
Execución: Xuño 2016