Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Noticias 

© Baixo o mesmo paraugas | 04/12/2018 | Asistentes ao acto 'Baixo o mesmo paraugas' en Santiago

Actos 'baixo un mesmo paraugas' e no Parlamento polo Día da Discapacidade

Concentracións simultáneas en catro cidades o día 3 e lectura do manifesto do CERMI Galicia o 4 de decembro.

04/12/2018 | Galicia

'Baixo o mesmo paraugas' é una iniciativa nacida en 2016 do tecido asociativo coruñés que este ano se extendeu a catro cidades. Ás doce da mañá do 3 de decembro, Día Internacional da Discapacidade, as prazas da Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo acolleron a lectura dun manifesto pola inclusión no que as persoas usuarias das entidades promotoras foron as protagonistas.

FEGADACE participou na paraugada de Santiago, que tivo lugar na Praza do Obradoiro, e que foi organizada conxuntamente con Sarela, Aspamite, Aspanaes e Down Compostela. Persoas con diferentes discapacidades foron as encargadas de ler o manifesto, acompañadas polo alcalde da cidade, Martiño Noriega, e representantes de todos os grupos municipais. Ao final do encontro léronse diferentes lemas pola inclusión, como o do asociacionismo do dano cerebral: unha vida salvada merece ser vivida con dignidade.

Acto do CERMI no Parlamento de Galicia

O acto institucional do CERMI Galicia tivo lugar o 4 de decembro no Parlamento de Galicia. A confederación reuniu a representantes das súas dez entidades -entre eles, o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández- con membros dos catro grupos parlamentarios para escoitar a lectura do manifesto 'por un desenvolvemento inclusivo', que ralizou o presidente do CERMI, Iker Sertucha.

As asociacións representativas das distintas discapacidades estiveron acompañadas pola conselleira de Política Social, Fabiola García, e o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices.

Arquivada en:
Demandas do Colectivo > Documentos políticos