Una vida salvada merece ser vivida
con dignidad

Actualidad del Daño Cerebral Adquirido en Galicia [Nº134]

Logo FEGDACE

Luns, 21/06/2021

'Camiñando polo dano cerebral' con FEGADACE para a prevención na vía xacobea

Un trail e andaina solidaria en Ourense, o percorrido da última etapa do Camiño de Santiago cun grupo de persoas con dano cerebral, un ciclo de charlas en concellos xacobeos e un vídeo e un folleto para informar aos peregrinos e peregrinas sobre como previr o dano cerebral adquirido son as iniciativas que compoñen 'Camiñando polo dano cerebral', o proxecto que hoxe presenta FEGADACE no marco do programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022.

Que teñas un bo camiño!

Máis noticias:

FEGADACE traballa na adaptación dos contidos da súa páxina web a Lectura Fácil

Persoas usuarias de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela están a validar os textos.

Constituído o grupo de traballo que elaborará a contabilidade social de 2020

FEGADACE e as súas asociacións realizan unha medición do seu impacto a través da Monetización do Valor Social.

Pontedeume acolle unha charla sobre o dano cerebral e a mostra 'Punto e seguido'
A exposición poderá verse ata o vindeiro luns e a actividade informativa é mañá ás 17:00 hh.
As usuarias de Sarela trasladan as súas demandas ao Director de Discapacidade
Fernando González Abeijón atendeu ás necesidades expresadas en relación coa pandemia.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Cumio Galego Contra o Odio

Organizado polo grupo de comunicación da EAPN Galicia, ten como obxectivo tecer rede entre iniciativas na defensa dos dereitos e a dignidade das persoas. A inscrición no encontro, que se vai celebrar online de 9:30 a 12:30, está aberta e é de balde.

X Solidaria: últimos días

Este ano vivimos unha #emerXenciaSolidaria; por iso pedimos o apoio de todas as persoas contribuíntes marcando o cadro de fins sociais na declaración da renda. En FEGADACE desenvolvemos programas de autonomía, mobilidade e información.

Cartel do I Cumio Galego Contra o Odio Logotipo da X Solidaria

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org