Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº106]

Logo FEGDACE

Luns, 25/05/2020

FEGADACE e as súas asociacións prepáranse para a desescalada

A Federación e as cinco asociacións galegas de dano cerebral elaboramos un Plan de Continxencia con medidas organizativas, técnicas e hixiénicas para prepararnos para retomar a actividade presencial en canto sexa posible, factible e seguro.

Cadro coas medidas a adoptar nos centros de traballo para manter a seguridade perante a COVID-19

Máis noticias:

En vigor o uso obrigatorio da mascarilla se non se poden manter 2 metros de distancia

Posibilidade de exención para as persoas con dano cerebral adquirido que teñan alteracións de conduta.

FEGADACE comeza a recibir doazóns para o reinicio seguro da actividade

ASIME e o Sergas achegan dispositivos de prevención e disinfección ás asociacións de dano cerebral.

As organizacións de loita contra a pobreza reclaman 'Renda Mínima Si'

FEGADACE apoia a campaña da EAPN a prol de garantir á cidadanía os ingresos básicos.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
'Punto e seguido' desde a casa

Mentres non se reorganiza a programación de exposicións presenciais, pódese visitar online a mostra 'Punto e seguido'.

COVID-19

Esta sección recompila todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19.

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org