Luns, 04/01/2021
Consellos para conducir sen medo no que queda das festas e durante o inverno
A Dirección Xeral de Tráfico reúne unha serie de recomendacións para a condución nas principais inclemencias do inverno: chuvia, neve, xeo, néboa ou vento. Aínda que os desprazamentos durante as festas se viran reducidos por mor da pandemia da COVID-19, parte deles están permitidos, e os accidentes de tráfico continúan a ser a segunda causa do dano cerebral. Os consellos para unhas festas seguras complétanse con estas recomendacións fronte ao coronavirus e coas pautas habituais de prevención do dano cerebral.
Máis noticias:
Un estudo da SEN demostra que a pandemia empeorou a atención sanitaria ao ictus
A Sociedad Española de Neurología alerta de demoras e cancelacións na asistencia e nos tratamentos.
En vigor a lei que derroga as esterilizacións forzosas de mulleres con discapacidade
O BOE publicou a Lei Orgánica 2/2020 de modificación do Código Penal o pasado 17 de decembro.
Presentación do Plan de Vacinación contra a COVID-19 en Galicia
FEGADACE participou na xuntanza do Consello Asesor do Paciente, presidida polo Conselleiro de Sanidade.
Publicada a estrutura orgánica da Consellería de Política Social da Xunta
Conformada por primeira vez unha dirección xeral de Atención Integral Sociosanitaria.
Actualización dos niveis de risco de brote de coronavirus
A caracterización e criterios foron publicados en setembro e determinan a apertura dos centros.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Punto e seguido na redeMentres non é posible reprogramar exposicións presenciais, a mostra 'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' pode visitarse online. |
COVID-19Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |