Luns, 29/03/2021
Almorzo informativo de presentación dos resultados do estudo 'O coidado informal no dano cerebral adquirido: impacto na saúde e calidade de vida das persoas coidadoras'
FEGADACE desenvolveu en 2020 un estudo titulado 'O coidado informal no dano cerebral adquirido: impacto na saúde e calidade de vida das persoas coidadoras. Análise en clave de desigualdade de xénero'. As conclusións do estudo remataron de procesarse a primeiros deste ano e van ser presentadas publicamente, a través dun almorzo informativo online, o venres 9 de abril. O acto durará unhas tres horas, desde as 10:30, e a inscrición está aberta e é gratuíta. Consulta aquí o programa, máis información sobre as relatoras, e o formulario de inscrición.
Máis noticias:
FEGADACE busca consultora para Capacitación en Competencias Dixitais
Publicados os termos de referencia da oferta de contratación do servizo, aberta ata o 11 de abril.
Continuamos reclamando a vacinación das persoas con dano cerebral e coidadoras
Completada a inmunización do persoal dos centros de día e das residencias.
A saúde oral, garantía do benestar das persoas con dano cerebral adquirido
Apoiamos a candidatura do fundador de DisCamino ao Premio Princesa de Asturias
Unha iniciativa de Javier Pitillas para axudar ás persoas con discapacidade a facer o Camiño de Santiago.O Comité Asesor Sociosanitario completará para xuño un diagnóstico das residencias
A directora de FEGADACE, Begoña Hermida, participa no grupo en representación do CERMI Galicia.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Exposición e charla en VilalbaA colección de fotografías 'Punto e seguido' pode verse desde hoxe en Vilalba. Tamén continúa online. Ademais, mañá haberá unha charla sobre o dano cerebral. |
COVID-19Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |