Luns, 26/04/2021
Cales son os meus dereitos como paciente con dano cerebral adquirido?
O 18 de abril, Día Europeo dos Dereitos das Pacientes, estreamos colaboración coa Escola Galega de Saúde. Trátase do primeiro de cinco vídeos nos que a traballadora social de FEGADACE presentará o traballo realizado conxuntamente con ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela para responder ás principais cuestións identificadas polas asociacións en relación con diferentes temas que afectan ao colectivo do dano cerebral. O primeiro destes temas é que ocorre na fase aguda, que decorre no hospital, e cales son os nosos dereitos en tanto que pacientes.
Máis noticias:
A Asemblea Xeral de FEGADACE parabenízase polo esforzo realizado en 2020
O órgano de goberno aprobou as contas e memoria do ano pasado, e a planificación e orzamento de 2021.
Dez datos da Memoria de Actividades que resumen o traballo de FEGADACE en 2020
Un período marcado pola pandemia e pola adaptación de terapias e actividades ás medidas de prevención.
Temos algo que contarche: as asociacións de dano cerebral podemos axudarche
Día do Libro: 22 volumes que falan do dano cerebral adquirido e da discapacidade
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Charlas e exposiciónO ciclo de charlas sobre o dano cerebral, no que informamos sobre causas, prevención e modelo de atención, chega en maio á Cañiza (día 6) e Barbadás (día 7). Neste último concello tamén se poderá ver a mostra Punto e Seguido do día 3 ao 21. Tamén continúa visible online. |
X SolidariaEste ano vivimos unha #emerXenciaSolidaria; por iso pedimos o apoio de todas as persoas contribuíntes marcando o cadro de fins sociais na declaración da renda. En FEGADACE desenvolvemos programas de autonomía, mobilidade e información grazas á X Solidaria. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |