Luns, 07/06/2021
Eu non son o meu dano cerebral: medos, soños, vivencias e perspectivas
En 2020 fixéronse dúas décadas de movemento asociativo do dano cerebral adquirido en Galicia. ADACECO, Alento e Sarela cumprían 20 anos que non se puideron apenas celebrar por causa da pandemia, pero que se conmemoraron cun libro e unha serie de vídeos titulados Eu non son o meu dano cerebral adquirido. 20 anos de movemento asociativo do dano cerebral adquirido en Galicia. Neles, as persoas con dano cerebral toman a palabra.
Máis noticias:
A alimentación antes e despois do dano cerebral: prevención e adaptacións
Nova colaboración en vídeo coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns polo Día da Nutrición.
A Fundación La Caixa afianza o seu compromiso coas persoas con dano cerebral
A oficina Store Compostela realiza unha doazón de 5.000 euros a FEGADACE para reducir a fenda dixital.
O nadador Aitor de Luis vai colaborar na concienciación sobre o dano cerebral
O Congreso aproba a reforma que acaba coa incapacitación xudicial por discapacidade
Substitúea por un sistema de apoios individualizados para a toma de decisións de forma libre e autónoma.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Exposición e charlasA exposición 'Punto e seguido' está ata o 18 de xuño na Cañiza, e desde o 21 do mesmo mes en Pontedeume. Tamén se pode ver online en PeopleArtFactory. Ademais, continúa o programa de charlas sobre o dano cerebral en Coristanco (9 de xuño) e Pontedeume (22 de xuño). |
X SolidariaEste ano vivimos unha #emerXenciaSolidaria; por iso pedimos o apoio de todas as persoas contribuíntes marcando o cadro de fins sociais na declaración da renda. En FEGADACE desenvolvemos programas de autonomía, mobilidade e información. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |