Luns, 21/06/2021
'Camiñando polo dano cerebral' con FEGADACE para a prevención na vía xacobea
Un trail e andaina solidaria en Ourense, o percorrido da última etapa do Camiño de Santiago cun grupo de persoas con dano cerebral, un ciclo de charlas en concellos xacobeos e un vídeo e un folleto para informar aos peregrinos e peregrinas sobre como previr o dano cerebral adquirido son as iniciativas que compoñen 'Camiñando polo dano cerebral', o proxecto que hoxe presenta FEGADACE no marco do programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022.
Máis noticias:
FEGADACE traballa na adaptación dos contidos da súa páxina web a Lectura Fácil
Persoas usuarias de ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela están a validar os textos.
Constituído o grupo de traballo que elaborará a contabilidade social de 2020
FEGADACE e as súas asociacións realizan unha medición do seu impacto a través da Monetización do Valor Social.
Pontedeume acolle unha charla sobre o dano cerebral e a mostra 'Punto e seguido'
As usuarias de Sarela trasladan as súas demandas ao Director de Discapacidade
Fernando González Abeijón atendeu ás necesidades expresadas en relación coa pandemia.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Cumio Galego Contra o OdioOrganizado polo grupo de comunicación da EAPN Galicia, ten como obxectivo tecer rede entre iniciativas na defensa dos dereitos e a dignidade das persoas. A inscrición no encontro, que se vai celebrar online de 9:30 a 12:30, está aberta e é de balde. |
X Solidaria: últimos díasEste ano vivimos unha #emerXenciaSolidaria; por iso pedimos o apoio de todas as persoas contribuíntes marcando o cadro de fins sociais na declaración da renda. En FEGADACE desenvolvemos programas de autonomía, mobilidade e información. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |