Luns, 05/07/2021
Inscrición aberta no Trail e andaina solidaria 'Camiñando polo dano cerebral'
A inscrición no Trail e andaina solidaria 'Camiñando polo dano cerebral' está aberta en Carreiras Galegas, a web do departamento de carreiras populares oficiais da Federación Galega de Atletismo. Esta é unha das entidades e institucións que colaboran con FEGADACE na organización do evento solidario, que vai ter lugar en Ourense o domingo 12 de setembro. Enmárcase no proxecto de prevención sobre o dano cerebral 'Camiñando polo dano cerebral', apoiado polo Xacobeo 21-22 e a Xunta de Galicia.
Máis noticias:
'Camiñando polo dano cerebral' con FEGADACE para a prevención na vía xacobea
Compoñen o proxecto un trail e andaina solidaria, unha etapa, un ciclo de charlas, un vídeo e un folleto.
Enquisa da SERMEF para mellorar a rehabilitación das persoas con dano cerebral
A sociedade solicita a colaboración do colectivo para perfeccionar a atención e os servizos de medicina física.
EmpreXas que marcan, para marcar o cambio: marca o cadro de Empresa Solidaria
Día do Orgullo LGTBIQ+: diversidade sexual e identidade de xénero sen barreiras
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Pódese previr o dano cerebral?O proxecto 'Camiñando polo Dano Cerebral' inclúe tamén un ciclo de charlas dirixidas a peregrinos/as e poboación dos concellos do Camiño de Santiago. As próximas son hoxe 5 de xullo en Baleira, mañá 6 na Fonsagrada, o día 8 en Vilalba e o 10 en Portomarín. |
COVID-19Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19, con información actualizada da evolución da normativa no referente á apertura e medidas a aplicar nos centros e residencias. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |