Luns, 06/09/2021
Trail e andaina solidaria 'Camiñando polo dano cerebral' este domingo en Ourense
A inscrición no Trail e andaina solidaria 'Camiñando polo dano cerebral' finaliza mañá, martes 7 de setembro, ás 23:59 hh. As persoas que queiran participar aínda están a tempo de anotarse en Carreiras Galegas. Hábitos saudables e prevención do dano cerebral nunha actividade organizada no marco da programación O Teu Xacobeo. FEGADACE quixo favorecer a participación de todas as persoas interesadas cun trail de 14 quilómetros, e tamén cunha andaina máis curta, de 8,5, para que cada quen poida modular en función da súa capacidade física. Ademais, para aquelas persoas con mobilidade reducida que non poidan asumir calquera dos percorridos ao completo, está dispoñible o tramo final, de 400 metros e totalmente accesible, libre de inscrición.
Máis noticias:
Retomamos o programa de alfabetización en novas tecnoloxías 'Stop Fenda Dixital'
As sesións formativas para familias e para persoas con dano cerebral continúan ata novembro.
'O importante é chegar ben': charlas para a prevención do dano cerebral no Camiño
'CERMI Territorios', unha ferramenta para comparar as políticas de discapacidade
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Exposición en Monforte de Lemos'Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' é unha colección de fotos que retratan o día a día nas nosas asociacións. Pode verse na Casa da Cultura de Monforte ata o día 15 en horario de 9:00 a 21:00. Tamén se pode seguir vendo online. |
COVID-19Recompilación de todo tipo de recursos de atención e apoio para a crise sanitaria, económica e social causada pola COVID-19, con información actualizada da evolución da normativa no referente á apertura e medidas a aplicar nos centros e residencias. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |