Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº141]

Logo FEGDACE

Luns, 18/10/2021

A Xornada sobre o Dano Cerebral analiza a reforma da capacidade xurídica e de obrar

Baixo o epígrafe 'O impacto nas persoas e familias con dano cerebral adquirido da reforma lexislativa que modifica a capacidade de xurídica e de obrar das persoas con discapacidade', a Federación reúne en Santiago de Compostela a especialistas que abordarán a modificación legal desde as perspectivas da notaría, da fiscalía, do dereito civil ou dos dereitos das persoas con discapacidade. Será o sábado 13 de novembro entre as 9:30 e as 17:00 horas. Durante a xornada tamén se fará entrega do 9º Premio FEGADACE - Miguel Blanco.

Xornada sobre o Dano Cerebral 2021

Máis noticias:

FEGADACE estrea escola online cun curso para persoal dos Servizos de Axuda no Fogar

A formación ten unha duración de 18 horas e comeza o 2 de novembro; a inscrición, de balde, está aberta.

FEGADACE apoia o manifesto da AEM 'Obxectivo derrotar a meninxite 2030'
Esta infección é unha das causas do dano cerebral, polo que a Federación comparte as demandas da asociación.
FEGADACE asina un convenio con Lalín para realizar actividades no concello
Organizaranse charlas, obradoiros ou unha exposición, co obxectivo de sensibilizar sobre o dano cerebral.
Xornada online sobre 'Mulleres con Discapacidade Deportistas' o 21 de outubro
Organizada polo CERMI Galicia, conta coa presenza de Ana Ruiz Sancho, terapeuta ocupacional de Sarela.
Fai un xesto solidario coas persoas con dano cerebral nas túas compras online
FEGADACE súmase a Wapsi, unha ferramenta que recada fondos para ONGs sen cargo para o/a consumidor/a.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Exposición e charlas

A información sobre o dano cerebral non para! Haberá charlas en Camariñas o día 20, en Cangas o 28, e en Ponteceso o 3 de novembro. Ademais, a mostra fotográfica 'Punto e seguido' está en Cangas ata o 2 de novembro. Tamén continúa visible online.

Día do Dano Cerebral

Desde 2007, cada 26 de outubro conmemórase o Día Nacional do Dano Cerebral, que aproveitamos para sacar á rúa as nosas demandas e reivindicacións. Nesta páxina podes consultar o manifesto que resume cada ano as necesidades do colectivo.

Mostra Punto e seguido en PeopleArt Factory Día do Dano Cerebral 2021

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org