Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº142]

Logo FEGDACE

Martes, 02/11/2021

A Xornada sobre o Dano Cerebral analiza a reforma da capacidade xurídica e de obrar

Baixo o epígrafe 'O impacto nas persoas e familias con dano cerebral adquirido da reforma lexislativa que modifica a capacidade de xurídica e de obrar das persoas con discapacidade', a Federación reúne en Santiago de Compostela a especialistas que abordarán a modificación legal desde as perspectivas da notaría, da fiscalía, do dereito civil ou dos dereitos das persoas con discapacidade. Será o sábado 13 de novembro entre as 9:30 e as 17:00 horas. A inscrición está aberta. Durante a xornada tamén se fará entrega do 9º Premio FEGADACE - Miguel Blanco á Sociedade Galega de Medicina Física e Rehabilitación (SOGARMEF) pola súa defensa do colectivo do dano cerebral.

Xornada sobre o Dano Cerebral 2021

Máis noticias:

FEGADACE conmemora o Día do Ictus cunha recepción ao peregrino Christian Salamin

Acto de benvida á iniciativa Ride For Stroke en Compostela o venres, 29 de outubro.

As persoas con dano cerebral necesitamos rehabilitación especializada. Podes ser ti
Manifesto do Día do Dano Cerebral 2021: escoita a lectura realizada polas usuarias das nosas asociacións.
Oferta de emprego en FEGADACE: buscamos Técnica/o de Formación
Contratación dependente da Subvención para o fomento do emprego dos programas de cooperación da Xunta.
A Xunta de Galicia declarou a fin da emerxencia sanitaria por causa da COVID-19
As residencias recuperan a normalidade aínda que se manteñen os cribados periódicos.
Fai un xesto solidario coas persoas con dano cerebral nas túas compras online
FEGADACE súmase a Wapsi, unha ferramenta que recada fondos para ONGs sen cargo para o/a consumidor/a.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Exposición e charla en Ponteceso

Información sobre o dano cerebral no concello de Ponteceso: mañá, 3 de novembro, haberá unha charla ás 11:30 da mañá, e abre a mostra 'Punto e seguido'. A colección de fotos pode verse ata o día 17. Tamén continúa visible online.

Divulgación de coñecemento

As iniciativas de FEGADACE para contactar con especialistas na abordaxe do dano cerebral procedentes de distintas disciplinas e a devolución do seu coñecemento á sociedade ocupan este apartado da sección de proxectos da Federación.

Mostra Punto e seguido en PeopleArt Factory Sección 'Divulgación' da web de FEGADACE

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org