Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº144]

Logo FEGDACE

Luns, 29/11/2021

Continúa o ciclo 'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema'

FEGADACE continúa esta semana o ciclo 'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema', no que se abordan os temas da discapacidade e da inclusión a través de dúas películas protagonizadas por dous homes que tiveron un ictus. O escenario das proxeccións son as sedes de Afundación das cidades de Lugo, Vigo e Ourense, e as datas o 30 de novembro (Vigo) e o 1 de decembro (Lugo e Ourense). Os filmes seleccionados son Fálame de ti (Un homme pressé. Hervé Mimran, 2018), A escafandra e a bolboreta (Le scaphandre et le papillon. Julian Schnabel, 2007), e repetimos a curta O mundo púxose ao revés. Historias sobre o dano cerebral adquirido (Miguel Gallardo & FEGADACE, 2019).

Ciclo de cine e dano cerebral

Máis noticias:

Se non puideches asistir á Xornada sobre o Dano Cerebral, aquí tes os vídeos

Estudouse o impacto no colectivo do dano cerebral da reforma da capacidade xurídica e de obrar.

Estamos 'Baixo o mesmo paraugas': Galicia pola diversidade
FEGADACE únese á iniciativa polo 3 de decembro, Día Mundial das Persoas con Discapacidade.
10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras
A neuropsicóloga de ADACE Lugo, Elisa López, asina un texto con recomendacións na revista Consumer.
Reclamamos a erradicación da violencia contra as mulleres con discapacidade!
O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Fai un xesto solidario coas persoas con dano cerebral nas túas compras online
FEGADACE súmase a Wapsi, unha ferramenta que recada fondos para ONGs sen cargo para o/a consumidor/a.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Charlas en Moaña, Forcarei e Gondomar

O programa de actividades informativas sobre o dano cerebral segue en Moaña (esta tarde), Forcarei (mañá) e Gondomar (10 de decembro). Ademais, a exposición fotográfica 'Punto e seguido' continúa en Mazaricos ata o día 1, e tamén se pode ver online.

Documentos políticos

Ademais dos propios, FEGADACE emite e participa na elaboración de posicionamentos políticos a través de plataformas sociais como o CERMI ou a EAPN Galicia. Neles falamos de cuestións comúns como discapacidade, pobreza, exclusión social, dereitos...

Mostra Punto e seguido en PeopleArt Factory Día contra a Violencia Machista

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org