Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº145]

Logo FEGDACE

Luns, 13/12/2021

Prevención, nutrición ou coidado do cerebro: un ano de 'O experto responde'

A Escola Galega de Saúde para Cidadáns leva un ano colaborando con FEGADACE na información e formación sobre diferentes aspectos relacionados tanto coa prevención como coa abordaxe do dano cerebral adquirido. Vinculados a outras tantas efemérides, ambas entidades editaron cinco vídeos nos que os equipos profesionais das asociacións de FEGADACE responden a unha serie de preguntas relacionadas con dereitos, nutrición, coidado do cerebro, persoas coidadoras e prevención, dentro da sección 'O experto responde'.

Máis noticias:

Organizamos unha formación sobre captación de fondos para xuntas directivas

Membros da Federación e das asociacións estudaron como mellorar o seu rol nos procesos de financiamento.

Participamos no acto do CERMI Galicia polo Día das Persoas con Discapacidade
Tivo lugar o 2 de decembro no CEGADI, en Santiago, e contou coa presenza da Conselleira de Política Social.
10 consellos para evitar a síndrome de burnout nas persoas coidadoras
A neuropsicóloga de ADACE Lugo, Elisa López, asina un texto con recomendacións na revista Consumer.
Fai un xesto solidario coas persoas con dano cerebral nas túas compras online
FEGADACE súmase a Wapsi, unha ferramenta que recada fondos para ONGs sen cargo para o/a consumidor/a.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
'Punto e seguido' online

Ao longo do ano a exposición 'Punto e seguido' amosou como é a vida con dano cerebral adquirido en concellos, casas da cultura, centros cívicos, hospitais... pero sempre se mantivo accesible na internet. Accede á colección de fotografías de Aigi Boga online.

Sensibilización

Amosar o día a día das persoas con dano cerebral, facer á poboación consciente de que implica esta discapacidade na persoa e na familia, concienciar sobre a necesidade de previr as causas... son os obxectivos das campañas de sensibilización de FEGADACE.

Mostra Punto e seguido en PeopleArt Factory Imaxe dun vídeo de sensibilización de FEGADACE

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org