Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº147]

Logo FEGDACE

Luns, 10/01/2022

'Biblioterapia': un apoio terapéutico para algunhas secuelas do dano cerebral

"Biblioterapia é o uso da lectura cun obxectivo terapéutico ou de desenvolvemento persoal. Podes recorrer a ela para apoiar os tratamentos de trastornos mentais e de problemas emocionais principalmente." Así comeza o apartado de recomendacións bibliográficas que recompila a web Xanela Aberta á Familia do Sergas, que recolle ata 142 títulos clasificados polos trastornos que poden axudar a resolver, moitos deles presentes nas persoas con dano cerebral adquirido. Accede aquí a toda a información.

Biblioterapia

Máis noticias:

Actualización na detección e manexo de contaxios por coronavirus

A Xunta de Galicia fixo públicas as novas instrucións no caso de síntomas ou de contacto con positivos.

Xunta, FEGAMP e Terceiro Sector asinaron a nova Axenda Social Única de Galicia
O tecido asociativo está representado pola EAPN Galicia, Cruz Vermella, Cáritas e ONCE Galicia.
2021 acabou coa incapacitación xudicial pero 'diminuído' segue na Constitución
O cermi.es semanal recolle un balance dos principais cambios para a discapacidade e dos retos para 2022.
Fai un xesto solidario coas persoas con dano cerebral nas túas compras online
FEGADACE súmase a Wapsi, unha ferramenta que recada fondos para ONGs sen cargo para o/a consumidor/a.
 

AS NOSAS ASOCIACIÓNS
ADACECO A páxina web de ADACECO está centrada na exhibición dos servizos e disciplinas que presta a entidade nas súas dúas sedes.
ADACE Lugo A asociación lucense amosa en liña noticias e novidades ao mesmo nivel que os recursos de atención que proporciona, así como outras colaboracións.
Alento "Coñece Alento" é o espazo informativo principal da súa web, que mostra os centros da entidade pontevedresa e as súas liñas de actuación.
Renacer Programas, servizos e actividades protagonizan a ferramenta online da asociación ourensá, que se presenta como centro de rehabilitación neurolóxica.
Sarela Antes de presentar os seus servizos, Sarela explica na súa páxina que é o dano cerebral e que respostas precisan as familias na súa primeira fase.

EN AXENDA

'Punto e seguido' online

Ao longo do ano a exposición 'Punto e seguido' amosou como é a vida con dano cerebral adquirido en concellos, casas da cultura, centros cívicos, hospitais... pero sempre se mantivo accesible na internet. Accede á colección de fotografías de Aigi Boga online.

SECCIÓN DESTACADA

Documentos corporativos

No marco da nosa política de Transparencia, esta sección inclúe desde a documentación fundacional a todos os regulamentos, certificados e protocolos que rexen a actuación de FEGADACE, así como os convenios de colaboración que nos vinculan con terceiros.

Mostra Punto e seguido en PeopleArt Factory Horarios con pictogramas

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org