Luns, 8/10/2018
26 de outubro: Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido
As asociacións galegas de dano cerebral convocan un amplo abano de actividades conmemorativas que ocupan desde o 24 de outubro ata o 10 de novembro. O día grande (venres 26) chega cargado de deporte adaptado, mesas informativas e lecturas do manifesto reivindicativo. Ademais, haberá charlas (24 de outubro), máis mesas informativas (27 de outubro), un mercadiño solidario acompañado da actividade 'Ponte no meu lugar' (28 de outubro), e un concerto solidario (10 de novembro).
Detalle do cartel editado por FEDACE a partir dun debuxo creado por varias persoas usuarias de Alento.
Máis noticias:
Publica a túa foto co xesto do DCA e os hashtags #DanoCerebralAdquirido #CoDanoCerebral #ConElDañoCerebral
Concurso de fotografía en redes sociais convocado pola Federación Española de Daño Cerebral.
Tamén conmemoramos o Día Mundial do Ictus (29 de outubro)!
Mesas informativas e prevención na efeméride internacional consagrada á principal causa do DCA.
Miguel Ángel Verdugo recolleu o 6º Premio FEGADACE – Miguel Blanco no nome do INICO
Trala súa conferencia na Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido, dedicada a calidade de vida e DCA.
O Grupo Socialista solicita que a Xunta volva asumir o custo do transporte non urxente
A iniciativa pola gratuidade do 065 debateuse a finais de setembro no pleno do Parlamento de Galicia.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
'Punto e seguido' na Facultade de Filosofía da USCDesde a Xornada sobre o DCA, e ata o 15 de outubro, a mostra pódese visitar no recibidor do centro educativo, dependente da Universidade compostelá. |
Día Nacional do Dano CerebralDentro do apartado de demandas do colectivo do DCA, a páxina web inclúe esta sección que informa das principais efemérides relacionadas co dano cerebral. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |