Luns, 22/10/2018
FEGADACE conmemora o Día do Dano Cerebral cunha exposición na Xunta de Galicia
FEGADACE comeza mañá o ciclo de conmemoracións do Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido coa inauguración dunha mostra sobre o dano cerebral adquirido na sede da Xunta de Galicia. A exposición pódese ver na zona pirámide do edificio administrativo de San Caetano (Compostela) ata o 7 de novembro. Esta exposición forma parte do ciclo CapacitArte, que organizan o CERMI Galicia e a Consellería de Política Social. No acto de apertura (martes, 23 de outubro, ás 12:00) participan o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, e o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández.
Fragmento dun dos paneis expostos na sede da Xunta de Galicia, en San Caetano (Compostela).
Máis noticias:
Consulta aquí a programación completa do Día do Dano Cerebral!
Actividades conmemorativas en toda Galicia desde o 23 de outubro e ata o 10 de novembro.
O DCA sae á rúa este 26 de outubro
As asociacións organizan obradoiros, mesas informativas ou actividades deportivas.
Publica a túa foto co xesto do DCA e os hashtags #DanoCerebralAdquirido #CoDanoCerebral #ConElDañoCerebral
Concurso de fotografía en redes sociais convocado pola Federación Española de Daño Cerebral.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
IV Congreso de Dano Cerebral Adquirido en MadridFEDACE organiza, o 22 e 23 de novembro, un encontro para a reflexión sobre a atención sociosanitaria ao DCA co lema 'Somos unha realidade'. Inscrición aberta! |
Que é o Dano Cerebral Adquirido?Esta sección é a porta de entrada á nosa páxina web, coa definición da nosa discapacidade e as súas cifras: hai máis de 35.000 galegos e galegas con DCA. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |