Luns, 03/12/2018
Estamos 'baixo o mesmo paraugas' polo Día Internacional da Discapacidade
Hoxe, 3 de decembro, haberá actos simultáneos ás 12:00 na Coruña (Praza de María Pita), Pontevedra (Praza da Ferrería, ás 11:30), Santiago (Praza do Obradoiro) e Vigo (Praza da Estrela, ás 11:30). FEGADACE está entre as convocantes en Santiago, xunto con Sarela. Ademais, ADACECO e Alento están implicadas nas citas da Coruña e de Vigo. Segue a iniciativa co hashtag #baixoomesmoparaugas.
Detalle do cartel da iniciativa 'Baixo o mesmo paraugas'.
Máis noticias:
A actividade de respiro para coidadoras reúne a 38 familiares de persoas con DCA
O grupo pasou a xornada de descanso, que tivo lugar o 10 de novembro, no balneario de Arnoia.
A Federación vestiuse de negro contra as violencias machistas
FEGADACE sumouse á campaña de sensibilización do 25 de novembro, día contra a violencia de xénero.
FEGADACE constata a falta de coordinación entre servizos sanitarios e sociais no DCA
Estudo promovido pola Federación coa colaboración da SGN e o apoio das fundacións Barrié e Roviralta.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Día da Discapacidade no Parlamento de GaliciaO presidente do CERMI Galicia, Iker Sertucha, vai ler o manifesto editado polo Día da Discapacidade no Parlamento de Galicia ás nove da mañá do martes, 4 de decembro. |
Que é o dano cerebral adquiridoA nosa discapacidade non é física, sensorial ou cognitiva; é todas ao mesmo tempo. Nesta sección hai información sobre a complexidade do dano cerebral adquirido. |
|
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |