Martes, 05/03/2019
FEGADACE vai informar sobre o dano cerebral adquirido en zonas rurais
Este mes comeza un ciclo de charlas informativas sobre o dano cerebral adquirido en zonas rurais de toda a xeografía galega. O obxectivo da Federación é chegar á poboación máis aillada e envellecida para darlle a coñecer esta discapacidade. O programa conta co financiamento da Consellería de Política Social a través da asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, dos fondos que as persoas contribuíntes destinan a 'fins sociais' marcando a 'X Solidaria' na súa declaración da renda.
Máis noticias:
Asociacións e colexios denuncian o deterioro dos servizos de rehabilitación
Sarela participou na elaboración dun informe sobre as carencias na área sanitaria Santiago-Barbanza.
A novela Iridium vaise publicar en maio en vasco, catalán e castelán
O autor, Francisco Castro, dona unha parte dos seus beneficios a FEGADACE e Alento.
ADACECO entra no mundo da radio a través do programa 'Salud y Medicina Hoy'
A asociación coruñesa vai colaborar unha vez ao mes falando sobre o DCA desde distintos puntos de vista.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Mostra 'Olladas Inclusivas. Ninguén á Marxe'Exposición organizada pola EAPN Galicia na Consellería de Política Social que amosa 32 demandas de persoas en situación de pobreza ou de exclusión social. |
Proxectos de sensibilización sobre o DCARecompilación das principais accións informativas e de prevención do dano cerebral que leva realizado a Federación nos últimos anos. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |