Luns, 18/03/2019
Continúa o ciclo de charlas sobre o dano cerebral adquirido en zonas rurais
A Federación está a desenvolver un proxecto informativo e de sensibilización para a prevención que consiste na organización de pequenas actividades formativas nos concellos máis illados e envellecidos de Galicia. As próximas van ter lugar en Crecente (21 de marzo), Aranga (22 de marzo) e Piñor (27 de marzo). Este proxecto pode levarse adiante grazas ás achegas que as persoas contribuíntes realizan marcando a X Solidaria.
Pola súa banda, as asociacións tamén están a organizar accións tanto de sensibilización para a poboación xeral como de formación para as familias e persoas con dano cerebral. Nos próximos días, Alento vai dar unha charla sobre as funcións executivas (20 ou 21 de marzo, a escoller) e Sarela formará ás persoas con disfaxia en alternativas nutricionais (25 ou 27 de marzo). A nivel máis informativo, ADACE Lugo vai dar unha charla en Rábade (26 de marzo) e Renacer fará o mesmo en Sanguñedo, no concello de Baños de Molgas (día 27).
Máis noticias:
Reformado o Código Penal para endurecer as penas por imprudencia en accidentes
A modificación inclúe como agravantes o exceso de velocidade e o consumo de drogas e alcol.
CERMI Mujeres denuncia a 'discriminación múltiple' das mulleres con discapacidade
A Fundación apoiou a folga feminista e editou un informe sobre dereitos humanos para conmemorar o 8M.
ADACECO dedica a como levar unha vida saudable tralo ictus a súa Xornada sobre DCA
O prazo de inscrición no encontro, que vai ter lugar o 6 de abril na Coruña, está aberto.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
IV Cea Benéfica de Renacer (Ourense)O encontro social e solidario terá lugar o 29 de marzo no Restaurante Gastrobar Sanmiguel Ourense; as entradas xa se poden reservar contactando coa entidade. |
Información para a atenciónCatálogo de guías formativas sobre o DCA; dividido entre as destinadas a familiares e persoas coidadoras, e aquelas concibidas para o manexo por profesionais. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |