Luns, 29/04/2019
FEGADACE presenta unha guía para orientar ás familias nos primeiros momentos do DCA
Un grupo de traballo composto por profesionais de diferentes disciplinas das cinco asociacións membro de FEGADACE elaborou a guía Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando o teu familiar está no hospital. Preséntase o 14 de maio nunha xornada sobre o dano cerebral adquirido no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Máis noticias:
FEGADACE celebrou o Día do Libro sorteando dez exemplares asinados de Iridium
Máis de 40 persoas participaron na convocatoria enviando un texto sobre a súa visión do dano cerebral. Pódense ler no Repositorio de experiencias da nosa web.
Sarela crea na Estrada e Arzúa dous puntos de información especializada en DCA
Súmanse á Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, onde se sitúan as asociacións de FEGADACE.
ADACE Lugo organiza un obradoiro para fomentar a lectura polo 23 de abril
As persoas usuarias da entidade leron un capítulo do seu libro preferido e elaboraron un mural.
Formación en seguridade viaria e prevención do DCA da man dun usuario de Renacer
A ferramenta dixital 'Mefacilyta' serve de apoio para a planificación, a memoria e a localización temporal.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Charlas informativas sobre o DCAO ciclo de charlas sobre o dano cerebral que FEGADACE está a desenvolver en concellos rurais e aillados continúa mañá en Avión e Punxín. Máis datas en maio! |
Lembra marcar a X SolidariaInformación sobre as entidades beneficiarias e os proxectos desenvolvidos en 2018 grazas ás persoas contribuíntes que marcaron o cadro de fins sociais. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |