Luns, 13/05/2019
FEGADACE presenta unha guía para orientar ás familias nos primeiros momentos do DCA
Un grupo de traballo composto por profesionais de diferentes disciplinas das cinco asociacións membro de FEGADACE elaborou a guía Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando o teu familiar está no hospital. Preséntase mañá nunha xornada sobre o dano cerebral adquirido no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Contaremos, entre outras persoas, co Xefe de Servizo de Neuroloxía, José María Prieto, nunha mesa redonda con profesionais do CHUS. Tamén haberá unha mesa de profesionais das asociacións e a intervención dunha persoa con dano cerebral.
Máis noticias:
Os dez principais datos da memoria de actividades de FEGADACE 2018
O documento pode descargarse no apartado de transparencia e rendición de contas da web.
Inscrición aberta no curso de órtese na man neurolóxica que organiza ADACECO
A actividade formativa está dirixida a fisioterapeutas, terapeutas ocupacionais e estudantes.
Manifesto polo Día da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade
O Consello de Ministros aprobou que a entrada en vigor do documento da ONU se conmemore cada 3 de maio.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Charlas informativas sobre o DCAO ciclo de charlas sobre o dano cerebral que FEGADACE está a desenvolver en concellos rurais e aillados continúa esta tarde en Taboada e o día 24 na Peroxa. |
Rendición de contasDentro do apartado de transparencia existe unha sección na que se poden consultar as memorias, con información económica e de actividades. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |