Luns, 10/06/2019
Alento e FEGADACE presentamos este xoves a exposición 'Punto e Seguido' en Vigo
Este xoves ás 12:00 Alento e FEGADACE presentamos a mostra 'Punto e Seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido' en Vigo. A colección de fotografías xa se pode visitar desde o día 3 de xuño e estará na galería Apo'strophe.arte (Centro Comercial Plaza Elíptica) ata o 3 de xullo. Haberá diferentes intervencións que achegarán un maior contexto sobre o que implica, hoxe en día, ter dano cerebral adquirido. Especialmente importante é a descrición en primeira persoa que vai achegar María Jesús Lage, usuaria de Alento. Tamén vai intervir o presidente de FEGADACE, Luciano Fernández.
Máis noticias:
Bótasnos unha man cubrindo unha breve enquisa sobre como comunicamos?
Estamos elaborando un novo Plan de Comunicación e queremos revisar a nosa maneira de falar convosco.
Vota por 'Respiro ao DCA', un proxecto para persoas con dano cerebral e coidadoras
Obterá financiamento se é unha das 50 iniciativas máis respaldadas da convocatoria de Cinfa.
77 profesionais de FEGADACE fórmanse en ética e comunicación
O encontro sobre a abordaxe da atención ao DCA tivo lugar o sábado 8 de xuño en Santiago de Compostela.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Charlas informativas sobre o DCAO ciclo de charlas sobre o dano cerebral que FEGADACE está a desenvolver en concellos rurais e aillados continúa o xoves na Bola e na Terra de Celanova. |
Actividades para o movemento asociativoRelación de accións que, como o Encontro de Profesionais, se dirixen a diferentes grupos dos que conforman a nosa base social. |
![]() |
|
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |