Luns, 24/06/2019
As charlas sobre o DCA chegaron a 32 dos concellos máis illados e envellecidos
Entre marzo e xuño de 2019 a traballadora social de FEGADACE visitou 32 concellos para impartir 33 charlas sobre o dano cerebral adquirido. Este proxecto de sensibilización no rural levou información a 469 persoas. Dúas delas, de San Xoán de Río e de Xunqueira de Ambía, relatan en vídeo as súas impresións. O programa contou co financiamento da Consellería de Política Social a través da asignación do 0,7% do IRPF; é dicir, dos fondos que as persoas contribuíntes destinan a 'fins sociais' marcando a 'X Solidaria' na súa declaración da renda.
Máis noticias:
Vota por 'Respiro ao DCA', un proxecto para persoas con dano cerebral e coidadoras
Obterá financiamento se é unha das 50 iniciativas máis respaldadas da convocatoria de Cinfa.
'Punto e seguido' continúa na sala Apo'strophe.arte de Vigo ata o 3 de xullo
Na presentación falaron Luciano Fernández, presidente de FEGADACE, e Mª Jesús Lage, usuaria de Alento.
ADACECO organiza un curso de vendaxe neuromuscular en afeccións neurolóxicas
Dirixido a fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais, vaise desenvolver do 8 ao 10 de novembro.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Teatro en Santiago: 'Sarela 211'O grupo de teatro da Asociación de Dano Cerebral de Compostela estrea o venres 28 de xuño ás 19:30 'Sarela 211'. As entradas están á venda por 6 euros. |
Alianzas e plataformasO traballo en rede é fundamental para a sensibilización sobre o DCA e para o reforzo das demandas do colectivo. Aquí hai unha relación dos foros nos que nos atopamos. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |