Luns, 08/07/2019
CaixaBank renova o seu compromiso coas persoas con dano cerebral adquirido
A Federación Galega de Dano Cerebral vén de recibir unha doazón de 9.000 euros por parte de CaixaBank. Esta cantidade destinarase a consolidar algúns proxectos de sensibilización, como son a exposición ‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’; o ciclo de charlas informativas sobre o DCA; ou a xornada científico-académica sobre o dano cerebral. Na imaxe, de esquerda a dereita, Luciano Fernández (presidente de FEGADACE) e Giuseppe Scassa (director da oficina Store Compostela) trala sinatura do acordo.
Máis noticias:
FEGADACE busca asesoría para elaborar a Planificación Estratéxica 2020-2023
Publicados os Termos de Referencia para a contratación do servizo; recibiranse propostas ata o 29 de xullo.
Oito consellos para unha condución segura na operación saída e durante todo o verán
Os traumatismos cranioencefálicos por accidentes de tráfico son a segunda causa do dano cerebral adquirido.
A X Solidaria esténdese ás empresas a través do Imposto de Sociedades
Desde xullo as corporacións tamén poden colaborar asignando o 0,7% da súa declaración a fins sociais.
Publicada a 'Guía de Axudas Sociais e Servizos para as Familias' de 2019
O Ministerio de Sanidade e Benestar Social actualiza o documento todos os anos cos novos recursos.
As persoas con dano cerebral de Lugo e Ourense estiveron en León e no Baixo Miño
Saídas organizadas por ADACE e Renacer e enmarcadas no programa de ocio de fin de semana de FEGADACE.
O boletín Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia vai de vacacións! |
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Vota por 'Respiro ao DCA'Pincha nesta ligazón e dános o teu voto na convocatoria Cinfa! Se somos un dos 50 proxectos máis votados poderemos organizar un respiro para familiares e para persoas con DCA! |
Educación para a saúdeNesta sección detállanse os factores de risco do ictus e as nosas recomendacións para a prevención das principais causas do DCA: ictus, accidentes de tráfico, laborais, caídas e golpes no deporte. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |