Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº88]

Logo FEGDACE

Luns, 26/08/2019

A #XornadaDCA vai estar dedicada a 'Información e toma de decisións: unha mirada desde a ética'

A Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido vai ter lugar na mañá do sábado 28 de setembro na Facultade de Filosofía da USC, en Santiago de Compostela. Ademais da reflexión sobre ‘Información e toma de decisións: unha mirada desde a ética’, na #XornadaDCA tamén se vai facer entrega do 7º Premio FEGADACE - Miguel Blanco á Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, que recollerá o seu director, o catedrático de Estomatoloxía Pedro Diz Dios. Aquí están os horarios e o programa completo.

Cartel da Xornada sobre o DCA 2019

Máis noticias:

Recoñecemento á Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais

Pedro Diz, director do organismo, recollerá o 7º Premio FEGADACE - Miguel Blanco na Xornada sobre o DCA.

Formulario de inscrición na Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido do 28 de setembro

A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo do salón de actos da Facultade de Filosofía da USC.

Oito consellos para unha condución segura no verán

Os traumatismos cranioencefálicos por accidentes de tráfico son a segunda causa do dano cerebral adquirido.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Curso de fisioterapia respiratoria en Ourense

Renacer, a asociación de DCA de Ourense, organiza en outubro un curso (para fisioterapeutas e logopedas) de 'Fisioterapia nas afeccións respiratorias no paciente adulto'.

Fases da atención ao DCA

Información sobre as distintas etapas que pasa a persoa con dano cerebral desde que este chega á súa vida, xunto cos recursos de atención necesarios para cada momento.

Anuncio do curso de fisioterapia respiratoria de Renacer Fases da atención ao DCA

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org