Luns, 09/09/2019
A #XornadaDCA vai estar dedicada a 'Información e toma de decisións: unha mirada desde a ética'
A Xornada sobre o Dano Cerebral Adquirido vai ter lugar na mañá do sábado 28 de setembro na Facultade de Filosofía da USC, en Santiago de Compostela. Ademais da reflexión sobre ‘Información e toma de decisións: unha mirada desde a ética’, na #XornadaDCA tamén se vai facer entrega do 7º Premio FEGADACE - Miguel Blanco á Unidade de Odontoloxía para Pacientes con Necesidades Especiais da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, que recollerá o seu director, o catedrático de Estomatoloxía Pedro Diz Dios. Aquí están os horarios e o programa completo, e aquí pode atoparse o formulario de inscrición.
Máis noticias:
'Como protexer o que é valioso en situación de conflito ético?'
Conferencia do psicólogo clínico Miguel Anxo García Álvarez na Xornada sobre o DCA do 28 de setembro.
A Xornada sobre o DCA ensinará 'como diferenciar a información veraz dos bulos'
A 'cazabulos' María José Cachafeiro axudará a detectar mentiras 'online' sobre terapias e saúde.
A mostra 'Punto e seguido' está aberta en Lugo ata o 1 de outubro
A colección de imaxes sobre 'a vida despois do dano cerebral adquirido' pódese ver en La Ferretería.
Vota por 'Respiro ao DCA', un proxecto para persoas con dano cerebral e coidadoras
Obterá financiamento se é unha das 50 iniciativas máis respaldadas da convocatoria de Cinfa.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Charlas sobre o dano cerebral en zonas ruraisO ciclo de charlas sobre o DCA, as súas causas, consellos para a prevención e modelo de atención e rehabilitacion continúa esta semana en Cualedro e Castrelo do Val. |
Premio FEGADACE - Miguel BlancoO noso galardón recoñece a traxectoria dun axente implicado na defensa do colectivo e na sensibilización sobre o DCA. Aquí está a lista de premiadas/os. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |