Luns, 07/10/2019
'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema' chega á Coruña e Santiago
FEGADACE organiza no mes de outubro un ciclo de cine sobre a discapacidade e a inclusión. Seis sesións, dúas cidades e tres películas nas que se aborda, desde diferentes puntos de vista, o dano cerebral adquirido. Os títulos son Anxos sen paraíso (A child is waiting. John Cassavetes, 1963), O meu fermoso cerebro roto (My beautiful broken brain. Sophie Robinson & Lotje Sodderland, 2014), e Máis alá do espello (Más allá del espejo. Joaquim Jordà, 2006). Do 15 ao 31 de outubro nas sedes de Afundación da Coruña e Santiago. Entrada gratuíta ata completar aforo.
Máis noticias:
A Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza unha serie de obradoiros sobre o DCA
Impartidos por profesionais das asociacións de FEGADACE e baseados na nosa guía para familiares.
'Manual de hixiene oral para persoas con discapacidade' da Facultade de Odontoloxía
Editado pola Unidade para Pacientes con Necesidades Especiais, 7º Premio FEGADACE-Miguel Blanco.
A Xornada sobre o DCA e entrega do Premio FEGADACE - Miguel Blanco en imaxes
Dedicada a 'Información e toma de decisións: unha mirada desde a ética', tivo lugar o 29 de setembro.
Entidades da discapacidade reciben unha axuda para facer fronte ao novo convenio
Achega extraoridinaria da Xunta ás asociacións afectadas pola renovación do documento laboral.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Ciclo de charlas sobre o dano cerebralEn 'Axenda' pódense consultar as charlas programadas. Polo momento está previsto informar sobre o DCA en Cabana de Bergantiños e na Pobra do Brollón. |
Información para familiasColección de manuais para coidadores/as e para as propias persoas con DCA, nos que se ensina a tratar coa nova situación desde diferentes puntos de vista. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |