Luns, 28/10/2019
Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido: pódeche pasar a ti, pódelle pasar a calquera
O manifesto do 26 de outubro reclama: que se impulse unha Estratexia Nacional de Atención ao DCA; que se cree a categoría diagnóstica 'Dano Cerebral Adquirido' para garantir a continuidade asistencial; que se elabore un censo de persoas con esta discapacidade para garantir a existencia dos recursos de atención necesarios; que se inclúa á familia como parte beneficiaria dos servizos de atención; e que se teñan en conta as necesidades específicas de colectivos especialmente vulnerables como os casos especialmente severos, os de menores con DCA ou os das persoas con alteracións graves da conduta. FEGADACE e as súas asociacións organizan ducias de actividades conmemorativas, tamén polo Día do Ictus (29 de outubro).
Máis noticias:
'Punto e seguido' está desde o 22 de outubro na biblioteca Ánxel Casal de Santiago
A colección de fotografías está acompañada dunha selección de libros sobre o DCA. Consulta os títulos aquí.
FEGADACE conmemora con actividades culturais e informativas o Día do DCA
A exposición 'Punto e seguido' e unha mostra de libros sobre o dano cerebral estarán na biblioteca Ánxel Casal.
Día do Dano Cerebral: ducias de iniciativas das asociacións polo 26 de outubro
ADACECO, ADACE Lugo, Alento, Renacer e Sarela sacan o DCA á rúa para conmemorar o seu día grande.
ADACECO lanza un programa de Terapias Intensivas en Neurorrehabilitación
Consiste en seis horas diarias de tratamento durante dez días, e medio ano de seguimento posterior.
EN AXENDA |
SECCIÓN DESTACADA |
Esta semana remata o ciclo de cine e DCAHoxe ás 19:00 proxéctase Máis alá do espello no Auditorio Afundación da Coruña, e o xoves 31 poderase ver Anxos sen Paraíso en Santiago de Compostela. |
Manifestos reivindicativosCada ano, o movemento asociativo do dano cerebral publica un manifesto coas súas reivindicacións polo Día do Dano Cerebral. Consulta aquí o arquivo. |
![]() |
![]() |
* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.
Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) |
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela |
881 943 148 • 659 177 709 |
fegadace@fegadace.org • www.fegadace.org |