Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº93]

Logo FEGDACE

Luns, 11/11/2019

Clausura do ciclo 'Visións sobre o dano cerebral adquirido no cinema'

Esta actividade organizada por FEGADACE tiña como obxectivo facer unha aproximación fílmica ao tratamento da inclusión e da discapacidade no sétimo arte. Durante o mes de outubro, realizáronse seis sesións nas sedes de Afundación da Coruña e de Santiago, onde se proxectaron tres películas que abordan o dano cerebral adquirido desde diferentes puntos de vista. Ademais, en cada unha das sesións proxectouse a curtametraxe 'O mundo púxose ao revés. Historias sobre o dano cerebral adquirido',  realizado por Miguel Gallardo.

Fragmento do cartel co ciclo "Visión sobre o DCA no Cinema"

Máis noticias:

Sarela incrementa as prazas públicas ofertadas no servizo de atención diúrna

A Conselleira de Política Social anunciou o aumento de 6 prazas cubertas pola administración autonómica

Presentación de 'O mundo púxose ao revés" nas Xornadas de Medicina Gráfica

Este ciclo de actividades sobre banda deseñada e saúde celebrouse os días 6, 7 e 8 na Coruña.

O DCA vai estar presente nas Xornadas Internacionais do Colexio de Logopedas

Na xornada do 15 de novembro sucederanse as conferencias sobre a abordaxe do dano cerebral desde a perspectiva da logopedia.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
Charlas sobre DCA en zonas rurais

O vindeiro xoves 14 de novembro celebraranse nos Concellos de As Somozas, Cerdido e Cariño tres novas charlas sobre dano cerebral adquirido.

Mapa de recursos

Este mapa recolle os recursos de atención ao dano cerebral adquirido nas súas diferentes fases dentro da comunidade autónoma de Galicia.

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org