Unha vida salvada merece ser vivida
con dignidade

Actualidade do Dano Cerebral Adquirido en Galicia [Nº95]

Logo FEGDACE

Luns, 09/12/2019

O movemento asociativo conmemora o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O pasado 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade nas principais cidades galegas con concentracións dun total de 78 entidades sociais do ámbito da discapacidade dentro da iniciativa 'Baixo o mesmo paraugas'. A Federación Galega de Dano Cerebral participou un ano máis no acto de Santiago, que tivo lugar na Praza do Obradoiro, onde persoas con diferentes discapacidades das sete entidades organizadoras foron as encargadas de ler o manifesto.

Máis noticias:

Xornadas de respiro para persoas usuarias e persoas coidadoras nas asociacións de DCA

Estas actividades de respiro forman parte do convenio que FEGADACE asinou coa Consellería de Política Social.

Agradecemento polo apoio ás persoas con dano cerebral no Día das Persoas Voluntarias

As entidades galegas contan con programas de voluntariado para axudar ás persoas con dano cerebral.

Curso 'Control postural como requisito da Función da Extremidade Superior no adulto' de ADACECO

A formación, dirixida a terapeutas ocupacionais e fisioterapeutas, vaise desenvolver no mes de febreiro.

A asociación Renacer organiza unha nova edición do seu Xantar do Socio

A entidade ourensá tamén será a protagonista da festa solidaria de Cie Galfor o vindeiro sábado.

 


EN AXENDA

SECCIÓN DESTACADA
'Punto e seguido', en Ourense ata o 15 de xaneiro

A mostra de imaxes sobre 'a vida despois do dano cerebral adquirido' pódese ver no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Este vídeo filmado en Renacer é un adianto dos seus contidos e protagonistas.

Familias e Persoas Coidadoras

Apartado que recolle manuais de atención dirixidos a familiares, coidadores/as, e ás propias persoas con dano cerebral, nos que se ensina a tratar coa nova situación desde diversos puntos de vista e se facilitan recomendacións e recursos aos que recorrer.

* Poderás darte de baixa cando queiras enviando un correo electrónico a comunicacion@fegadace.org.

Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)
Rúa Galeras, 17, 2º, Despacho 5 - 15705 Santiago de Compostela
881 943 148 • 659 177 709
fegadace@fegadace.orgwww.fegadace.org